miércoles, 12 de abril de 2017

Reto: Construcción dunha buxaina














PRÁCTICA 1:
Os tempos rexistrados na Primeira Fase da Práctica 1 foron:

  • 1º Lanzamento : 00:05:87
  • 2º Lanzamento : 00:09:13
  • 3º Lanzamento : 00:12:99

Os tempos rexistrados na Segunda Fase da Práctica 1 foron menores, xa que compróbase que a buxaina duraba máis tempo xirando cando as moedas estaban  máis afastadas do eixo de xiro.


  • 1º Lanzamento : 00:01:07
  • 2º Lanzamento : 00:01:13
  • 3º Lanzamento : 00:01:00


PRÁCTICA 2:
Co observado na práctica 1 fixen algunhas modificacións:
Puxen tres capas de cartolina
Situei 13 moedas no perímetro exterior da cartolina.
Colequei un lápiz de maior grosor, e coas gomas situei as cartolinas na parte inferior do lápiz, aproximadamente a 1/3 de altura da punta.
O resultado foi satisfactorio , superando en moito o tempo de 8 segundos propostos no reto.


CONCLUSIÓNS:
  • Control sobre as cuestións plantexadas: Nas dúas prácticas o profesor ten o control sobre as cuestións plantexadas, aínda que sexan diferentes os plantexamentos de partida.
  • Control sobre o procedemento: Na 1ª práctica é o profesor o que ten o control tanto no referente aos materiais como a recollida de datos. Na 2ª práctica  o control está repartido entre o profesor que e o que di os materias que ten que empregar e o alumno que leva un maior protagonismo , xa que ten un certo control sobre os materiais(cantidade, situación) , tamén decide que pasos vai a seguir para conseguir o reto.
  • Control sobre os resultados: Na primeira práctica o control o ten o profesor, xa que ao ser un plantexamento pechado, entre os tempos acadados non hai grandes variacións. Na segunda práctica o plantexamento é máis aberto, o alumno leva o control, xa que pode modificar máis variables, e o reto pode superarse con resultados moi variados. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario