miércoles, 5 de abril de 2017

Reflexión sobre a Indagación na aula

Os cambios que supuxo a LOMCE provocoume inicialmente algo de incomodidade porque significaba cambios na miña maneira de ensinar e  a necesidade de aprender estratexias que nos como estudantes non as coñecemos, nin tampouco fomos preparados para iso na formación académica que recibimos.
Aínda así asumí o reto e empecei a desenvolver cos meus alumnos de Física-Química de 2º de ESO  os proxectos de investigación .
Empecei explicándolles o métodos científico ,as súas fases,  puxénlle algúns exemplos. E despóis propúxenlles  que por grupos que expuxesen unha pregunta ou curiosidade científica que quixesen resolver. Entón comenzaron a investigación. Ao principio estaban un pouco bloqueados coa pregunta inicial, e creo que para próximos cursos teño que exercitar máis esa fase con eles.
Como primeira experiencia, foi moi positiva para min, xa que vin que o método ten moitas oportunidades dunha aprendizaxe máis autónoma por parte do alumnado.

Espero que con este curso poida aprender moitas ferramentas para mellorar a miña práctica docente científica.
                               














Algúns grupos dos meus alumnos e alumnas  na súa fase de experimentación.












Un grupo facendo a exposición dos resultados da súa investigación ao alumnado de primaria do colexio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario