domingo, 21 de abril de 2019

Órganos dos sentidos

Seguimos avanzando no estudo do corpo humano. Como doutores e doutoras tedes que ter un coñecemento de todos os aparellos e sistemas do corpo humano.
Agora tócanos a quenda dos Órganos dos sentidos, moi importantes para a función de relación dos seres vivos.
Como sempre, antes da próxima clase tedes que ver o seguinte vídeo, e contestar as preguntas que aparecen nel.


A continuación xa estades preparados e preparadas para atender aos próximos pacientes. Neste caso temos moito traballo, xa que houbo unha explosión de gas e hai tratar diferentes patoloxías:

                   

martes, 9 de abril de 2019

Especialistas no Sistema Nervioso

Xa rematamos o estudo do Sistema Nervioso. Avanzamos nos informes médicos, e pasamos de facer presentacións de Google, a facer xa vídeos empregando Screencast-O-Matic. Para ser os primeiros non están mal, pero podedes melloralos nos seguintes aparellos.

Nesta ocasión todos os equipos médicos acertáchedes co diagnóstico, e o paciente sufría ataques epilépticos. Moi ben!!!

Unha vez valorados os videos, as insignias de Especialistas no Sistema Nervioso son para:

Dr. Gómez e Dr. Padín 184 puntos
Dr. González e Dr. López 180 puntos
Dr. Diz e Dr. Martínez 167 puntos
Dra. Kim 167 puntos.

Parabéns a todos e todas!!