martes, 9 de abril de 2019

Especialistas no Sistema Nervioso

Xa rematamos o estudo do Sistema Nervioso. Avanzamos nos informes médicos, e pasamos de facer presentacións de Google, a facer xa vídeos empregando Screencast-O-Matic. Para ser os primeiros non están mal, pero podedes melloralos nos seguintes aparellos.

Nesta ocasión todos os equipos médicos acertáchedes co diagnóstico, e o paciente sufría ataques epilépticos. Moi ben!!!

Unha vez valorados os videos, as insignias de Especialistas no Sistema Nervioso son para:

Dr. Gómez e Dr. Padín 184 puntos
Dr. González e Dr. López 180 puntos
Dr. Diz e Dr. Martínez 167 puntos
Dra. Kim 167 puntos.

Parabéns a todos e todas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario