lunes, 18 de septiembre de 2017

El método científico

El Método científico es un proceso destinado a explicar fenómenos, establecer relaciones entre hechos y enunciar leyes que expliquen los fenómenos físicos del mundo y permitan obtener, con estos conocimientos , aplicaciones útiles al hombre.



miércoles, 24 de mayo de 2017

Controla o consumo de azucre

Hai un aumento alarmante da obesidade infantil  nos paises desenvolvidos.
A OMS (Organización Mundial da  Saúde) di quel menor consumo de bebidas azucradas implica unha redución da inxesta de «azucres libres» e da inxesta calórica total, unha mellor nutrición e unha diminución no número de persoas que presentan sobrepeso, obesidade, diabetes e carie dental.
 Fai fou vimos na prensa a noticia de que Portugal declara a guerra o azucre, que vai na liña do tratado neste tema sobre a alimentación. 
Le a noticia no seguinte enlace:


Nos na clase de Promoción de vida saudable traballamos este tema e fixemos este murais para concienciarnos da importancia de reducir o consumo de bebidas azucradas.








sábado, 29 de abril de 2017

As habilidades científicas

Traballaremos con catro experiencias sinxelas que se poden facer nun aula de ciencias.


I. Acuario de refrescos:
Introducimos seis latas de refresco diferentes nun acuario : refresco de cola (normal, light ), refresco de laranxa (normal e light) e refresco de limón (normal e light).
Nesta experiencia as habilidades científicas serían:
Observación do resultado da experiencia: Unhas latas se afunden e outras non.
Interpretación: unhas latas, neste caso as que conteñen azucre sitúanse a maior profundidade que as outras que non conteñen azucre.
Comunicación de maneira  que describamos o resultado da observación.

II. Torre de cores

Nesta nova experiencia debénse colocar cinco líquidos diferentes nunha probeta de maneira que se atopen separados entre sí
As habilidades científicas que se poñen de manifesto  son:
Observación :Distribución dos líquidos e se se mesturan ou non
Elaboración de cuestións: Plantexar preguntas sobre a causa ou se se poderían utilizar outros líquidos diferentes
Formulación de hipóteses: Plantexar posibles  respostas de por que iso é así.
Planificación e investigación : Pensar na  secuencia na que se deben botar os líquidos e como facelo.
Interpretación do que ocorría ao botar cada fase
Comunicación dos resultados


As habilidades científicas serían:
Observación : Ver caer unnha bola por un plano inclinado.
Elaboración de cuestións : Plantexar preguntas  sobre a influenza da inclinación do plano ou sobre a  masa da bola.
Formulación de hipóteses  : Decir una o varias causas polo que esto ocorre.
Planificación e investigación :Deseñar  una experiencia , os materiais a empregar  que  aportar información
Interpretación dos resultados
Comunicación



Introducimos un buzo(sobre de ketchup baleiro) nunha botella chea de auga.
As habilidades científicas que se poñen de manifesto  son:

Observación : Ver o que pasa, se o buzo sube ou baixa.
Elaboración de cuestións : Plantexar preguntas sobre cal será a causa.
Formulación de  hipóteses : Decir una resposta de por que podería ser.
Planificación e investigación : Dexeñar experiencias ou probas para  comprobar si é correcta a miña hipótese. Rexistro os resultados.
Interpretación: Extraer conclusións vendo os resultados acadados .

Comunicación : Informar das conclusións.



miércoles, 12 de abril de 2017

Reto: Construcción dunha buxaina














PRÁCTICA 1:
Os tempos rexistrados na Primeira Fase da Práctica 1 foron:

  • 1º Lanzamento : 00:05:87
  • 2º Lanzamento : 00:09:13
  • 3º Lanzamento : 00:12:99

Os tempos rexistrados na Segunda Fase da Práctica 1 foron menores, xa que compróbase que a buxaina duraba máis tempo xirando cando as moedas estaban  máis afastadas do eixo de xiro.


  • 1º Lanzamento : 00:01:07
  • 2º Lanzamento : 00:01:13
  • 3º Lanzamento : 00:01:00


PRÁCTICA 2:
Co observado na práctica 1 fixen algunhas modificacións:
Puxen tres capas de cartolina
Situei 13 moedas no perímetro exterior da cartolina.
Colequei un lápiz de maior grosor, e coas gomas situei as cartolinas na parte inferior do lápiz, aproximadamente a 1/3 de altura da punta.
O resultado foi satisfactorio , superando en moito o tempo de 8 segundos propostos no reto.


CONCLUSIÓNS:
  • Control sobre as cuestións plantexadas: Nas dúas prácticas o profesor ten o control sobre as cuestións plantexadas, aínda que sexan diferentes os plantexamentos de partida.
  • Control sobre o procedemento: Na 1ª práctica é o profesor o que ten o control tanto no referente aos materiais como a recollida de datos. Na 2ª práctica  o control está repartido entre o profesor que e o que di os materias que ten que empregar e o alumno que leva un maior protagonismo , xa que ten un certo control sobre os materiais(cantidade, situación) , tamén decide que pasos vai a seguir para conseguir o reto.
  • Control sobre os resultados: Na primeira práctica o control o ten o profesor, xa que ao ser un plantexamento pechado, entre os tempos acadados non hai grandes variacións. Na segunda práctica o plantexamento é máis aberto, o alumno leva o control, xa que pode modificar máis variables, e o reto pode superarse con resultados moi variados. 

miércoles, 5 de abril de 2017

Reflexión sobre a Indagación na aula

Os cambios que supuxo a LOMCE provocoume inicialmente algo de incomodidade porque significaba cambios na miña maneira de ensinar e  a necesidade de aprender estratexias que nos como estudantes non as coñecemos, nin tampouco fomos preparados para iso na formación académica que recibimos.
Aínda así asumí o reto e empecei a desenvolver cos meus alumnos de Física-Química de 2º de ESO  os proxectos de investigación .
Empecei explicándolles o métodos científico ,as súas fases,  puxénlle algúns exemplos. E despóis propúxenlles  que por grupos que expuxesen unha pregunta ou curiosidade científica que quixesen resolver. Entón comenzaron a investigación. Ao principio estaban un pouco bloqueados coa pregunta inicial, e creo que para próximos cursos teño que exercitar máis esa fase con eles.
Como primeira experiencia, foi moi positiva para min, xa que vin que o método ten moitas oportunidades dunha aprendizaxe máis autónoma por parte do alumnado.

Espero que con este curso poida aprender moitas ferramentas para mellorar a miña práctica docente científica.
                               














Algúns grupos dos meus alumnos e alumnas  na súa fase de experimentación.












Un grupo facendo a exposición dos resultados da súa investigación ao alumnado de primaria do colexio.


lunes, 3 de abril de 2017

Comenzo do Curso

O meu nome é Francisco Requejo .Estou a comenzar o  curso de Formación en Rede "Ciencia e indagación na aula" organizado polo CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) da Consellería de Educación.
Eu son  profesor no CPR Sagrado Corazón de Ferrol ,e teño moito interese en desenvolver novas ferramentas que poida aplicar na aula para despertarlles aos rapaces  o interese pola investigación, a ser observadores, a ser curiosos.
Neste  curso imparto as materias de Física-Química en 2º ESO, Bioloxia-Xeoloxia en 3º e 4 ºESO, e Promoción de estilos de vida saudable en 2º ESO.

 Xa fixen  cos meus alumnos e alumnas algunhas actividades de investigación científica, pero desexo aprender neste  curso  moito máis sobre a indagación na aula.