miércoles, 27 de febrero de 2019

Especialistas no Aparello Excretor

Unha vez finalizado o paso pola especialidade de Uroloxía, cuns resultados moi satisfactorios pola maioría dos doutores e doutoras do noso Hospital Escolar, facemos mención dos equipos que merecen levar a insignia de Especialistas no Aparello Excretor:
Dr. Pulpeiro e Dr. Rodríguez 176 puntos
Dr. Gómez e Dr Padín 172 puntos
Dra. Freire e Dra. Méndez 167 puntos
Dra. Lubián e Dra. Riveiros 167 puntos
Parabéns a todos e todas!!

domingo, 24 de febrero de 2019

Diagnóstico paciente con enfermidade renal

O derradeiro paciente que entrou en Urxencias do Hospital Sagrado Corazón tiña uns síntomas que facían sospeitar dunha enfermidade renal. Despois dos estudos realizados polos equipos de doutores e doutoras do Hospital, a conclusión é que padece CÁLCULOS RENAIS.
Dos 13 equipos médicos , 11 equipos chegaron a conclusión acertada, un equipo non acertou coa conclusión e outro non se pronunciou.
Noraboa por estes resultados, ides polo bo camiño e chegaredes a ser grandes profesionais da medicina.


jueves, 14 de febrero de 2019

Aparello Excretor

Comezamos o turno dunha nova especialidade: O aparello excretor. Todos os doutores e doutoras do Hospital Escolar Sagrado Corazón tedes que aprender todo sobre este sistema para poder tratar aos pacientes e curar todas as súas patoloxías.
Primeiro tedes que ver o video que tedes a continuación e contestar as preguntas que aparecen nel.
Logo os presento o caso dun famoso paciente que necesita ser atendido no noso Hospital. Sede bos profesionais e buscar a mellor solución para o seu problema co aparello excretor.


miércoles, 13 de febrero de 2019

Especialistas Aparello Respiratorio

Una vez que rematáchedes de atender satisfactoriamente ao paciente que acudíu ao noso Hospital afectado dun problema respiratorio, teño que decir que a maioría dos informes médicos realizados teñen un bo nivel.
Os equipos que acadaron as tres máximas puntuacións (máximo 175 puntos) despois de valorar tanto a presentación , como o acertado dos contidos solicitados, e por tanto son merecedores da Insignia de Especialista no Aparello Respiratorio son:
Equipo 6: Dr. González e Dr. López - 165 puntos
Equipo 11: Dra. Rodríguez e Dra. Santalla - 151 puntos
Equipo 9: Dra. Freire e Dra. Méndez - 142 puntos
Equipo 12: Dra. Barros e Dra. Sánchez - 142 puntos

Noraboa a todas e todos!! E a seguir esforzándovos.

Aparello Respiratorio

Doutoras e doutores do Hospital Sagrado Corazón, é hora de profundar no coñecemento do Aparello respiratorio. Tedes que ver primeiro o video que vos achego nesta entrada, e contestar as preguntas.
Tedes que estar ben preparadas/os para atender o mellor posible ao novo paciente que vai a entrar en urxencias do noso Hospital.

A continuación os presento o caso do paciente que está en Urxencias esperando a que revisedes o seu caso: