viernes, 26 de octubre de 2018

Comezamos o proxecto do Hospital Escolar


Grazas a formación recibida no modelo Flipped Classroom, deseñei este Proxecto que hoxe poño a andar cos meus alumnos/as de Bioloxía de 3º de ESO, agora  estudantes médicos e médicas.

OBXECTIVOS

* Coñecer as características tanto anatómicas , como de funcionamento dos diferentes aparellos e sistemas do corpo humano.
* Buscar, seleccionar e interpretar información médica.
Coñecer as principais doenzas de cada aparello.
* Saber manexar ferramentas dixitais.
* Aprender de forma lúdica e colaborativa.
* Empatizar , tomar conciencia das necesidades dos demáis.

Espero que vos sirva para mellorar na vosa aprendizaxe.




Se queredes ter máis información: Presentación do Proxecto

A vosa formación  médica xa está en marcha. Empezaremos coa especialidade adicada ó Aparello dixestivo. Necesitades ver este vídeo e contestar as preguntas.




Agora xa estades preparadas/os para ir ata as Urxencias do Hospital e atender a primeira paciente con problemas dixestivos. Ánimo que sodes bos profesionais!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario