Os cambios que supuxo a LOMCE provocoume
inicialmente algo de incomodidade porque significaba cambios na miña maneira de
ensinar e a necesidade de aprender
estratexias que nos como estudantes non as coñecemos, nin tampouco fomos preparados
para iso na formación académica que recibimos.
Aínda así asumí o reto e
empecei a desenvolver cos meus alumnos de Física-Química de 2º de ESO os proxectos de investigación .
Empecei explicándolles o
métodos científico ,as súas fases, puxénlle algúns exemplos. E despóis propúxenlles que por grupos que expuxesen unha pregunta ou curiosidade científica que quixesen resolver. Entón
comenzaron a investigación. Ao principio estaban un pouco bloqueados coa
pregunta inicial, e creo que para próximos cursos teño que exercitar máis esa
fase con eles.
Como primeira experiencia, foi
moi positiva para min, xa que vin que o método ten moitas oportunidades dunha
aprendizaxe máis autónoma por parte do alumnado.
Espero que con este curso
poida aprender moitas ferramentas para mellorar a miña práctica docente
científica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario