martes, 12 de marzo de 2019

Xornada de Educación Dixital

Temos boas novas  doutoras e doutores. A nosa experiencia innovadora foi seleccionada para ser presentada na próxima Xornada de Educación Dixital que se celebrará no Palacio de Congresos de Santiago, diante de moitas profesoras e profesores o próximo 23 de marzo.
 Parabéns  polo voso traballo e interese por facer que esta experiencia resulte positiva para todas e todos!!!!
Déixovos o programa da Xornada


miércoles, 6 de marzo de 2019

Sistema Nervioso

Estades a aprender moito e moi ben sobre o corpo humano. Agora nos toca profundar nunha parte moi importante para o noso funcionamento, o Sistema Nervioso.
Tedes que ver con calma, asimilando todos os conceptos que aparecen no seguinte vídeo, e debedes de ir contestantando as preguntas que vos indico nel.
A continuación de ver o vídeo os presentarei o caso do paciente que tedes que tratar.



sábado, 2 de marzo de 2019

A vosa opinión importa

Xa que levamos varios aparellos do corpo humano tratados e varios pacientes atendidos. Aos equipos de doutores e doutoras pedíuselles que a través da ferramenta dixital Voki, creasen avatares para describir a súa experiencia do proxecto. Xa que o Hospital escolar, é plurilingüe, achegaron as súas ideas en diferentes idiomas. Pica na imaxe :


Outras opinións con máis avatares:

http://tinyurl.com/ybjock5x

http://tinyurl.com/yyp74qmc

http://tinyurl.com/y4sg8cys

http://tinyurl.com/y8gslcas

http://tinyurl.com/yy8qold4

http://tinyurl.com/y7797my6

http://tinyurl.com/y3f5argl

http://tinyurl.com/y8owwvaz

http://tinyurl.com/y6bok4ma

http://tinyurl.com/y9zpvra3

http://tinyurl.com/ycnaf9g6

miércoles, 27 de febrero de 2019

Especialistas no Aparello Excretor

Unha vez finalizado o paso pola especialidade de Uroloxía, cuns resultados moi satisfactorios pola maioría dos doutores e doutoras do noso Hospital Escolar, facemos mención dos equipos que merecen levar a insignia de Especialistas no Aparello Excretor:
Dr. Pulpeiro e Dr. Rodríguez 176 puntos
Dr. Gómez e Dr Padín 172 puntos
Dra. Freire e Dra. Méndez 167 puntos
Dra. Lubián e Dra. Riveiros 167 puntos
Parabéns a todos e todas!!

domingo, 24 de febrero de 2019

Diagnóstico paciente con enfermidade renal

O derradeiro paciente que entrou en Urxencias do Hospital Sagrado Corazón tiña uns síntomas que facían sospeitar dunha enfermidade renal. Despois dos estudos realizados polos equipos de doutores e doutoras do Hospital, a conclusión é que padece CÁLCULOS RENAIS.
Dos 13 equipos médicos , 11 equipos chegaron a conclusión acertada, un equipo non acertou coa conclusión e outro non se pronunciou.
Noraboa por estes resultados, ides polo bo camiño e chegaredes a ser grandes profesionais da medicina.


jueves, 14 de febrero de 2019

Aparello Excretor

Comezamos o turno dunha nova especialidade: O aparello excretor. Todos os doutores e doutoras do Hospital Escolar Sagrado Corazón tedes que aprender todo sobre este sistema para poder tratar aos pacientes e curar todas as súas patoloxías.
Primeiro tedes que ver o video que tedes a continuación e contestar as preguntas que aparecen nel.
Logo os presento o caso dun famoso paciente que necesita ser atendido no noso Hospital. Sede bos profesionais e buscar a mellor solución para o seu problema co aparello excretor.


miércoles, 13 de febrero de 2019

Especialistas Aparello Respiratorio

Una vez que rematáchedes de atender satisfactoriamente ao paciente que acudíu ao noso Hospital afectado dun problema respiratorio, teño que decir que a maioría dos informes médicos realizados teñen un bo nivel.
Os equipos que acadaron as tres máximas puntuacións (máximo 175 puntos) despois de valorar tanto a presentación , como o acertado dos contidos solicitados, e por tanto son merecedores da Insignia de Especialista no Aparello Respiratorio son:
Equipo 6: Dr. González e Dr. López - 165 puntos
Equipo 11: Dra. Rodríguez e Dra. Santalla - 151 puntos
Equipo 9: Dra. Freire e Dra. Méndez - 142 puntos
Equipo 12: Dra. Barros e Dra. Sánchez - 142 puntos

Noraboa a todas e todos!! E a seguir esforzándovos.